
O sábado 7 de febreiro ás 10 a.m. o Club A Térmica organiza unhas xornadas de portas abertas (gratuítas) de formación e encartado de paracaídas coa colaboración da Federación Aeronáutica Galega (FAG) e o Concello de Cerdedo-Cotobade.
Lugar do evento: Pavillón multiusos de Cerdedo. Aforo limitado a 30 persoas, tendo preferencia os socios do Club A Térmica.
O club poñerá ao dispor o pavillón para aqueles pilotos que desexen encartar os seus paracaídas e teñan coñecemento para iso, contando con asesoramento de expertos se así o solicitan. En ningún caso o club A Térmica encartará ningún paracaídas dos pilotos que asistan ao curso.
Non pretendemos para este día facer unha “festa do encartado” senón formar a pilotos e iniciarse no coñecemento dos equipos de rescate (paracaídas), encartado, prestacións que ofrecen os diferentes equipos, modelos que existen no mercado, como coidalos etc.
Entón, se non tes suficientes coñecementos do teu paracaídas e queres amplialos, pois este curso é para ti.
A inscrición faise neste formulario: inscribirse ao encartado
Aforo limitado a 30 persoas, tendo preferencia os socios do Club A Térmica.
























